FOCO DSK (Belén Montero e Juan Lesta)
O pasado 28 de outubro, o festival internacional INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo dedicou un FOCO ao colectivo DSK formado por Belén Montero e Juan Lesta, asociados de A Colectiva.

O pasado 28 de outubro, o festival internacional INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo dedicou un FOCO ao colectivo DSK formado por Belén Montero e Juan Lesta, asociados de A Colectiva.
Acacia Ojea, integrante de A Colectiva, acadou o Premio do Xurado Novo en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo.
A Xunta de Galicia publicou o seu Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19 despois de recibir a nosa proposta das Medidas urxentes e de fomento no Sector da Arte Contemporánea Galega (A Colectiva, MAV, IAC) e... isto foi o que comunicamos.
Comunicado de A COLECTIVA, ASOCIACION DE ARTISTAS PROFESIONAIS DE GALICIA, por mor da convocatoria CONFINARTE (Concello de Vigo) dirixida a artistas profesionais de Vigo.
A nosa asociada é unha das artistas da plataforma que conta xa cun centenar de artistas procedentes de todo o mundo e con 12 institucións entre festivais, museos e editoriais, dedicados á fotografía en Europa.
O pasado 20 de marzo, acadando un amplo consenso do Sector cultural galego nun curto prazo de tempo, os responsables da Xunta de Galicia recibiron un documento de 15 páxinas no que había unha serie de propostas concretas e asumibles tanto para a administración central como para a autonómica, así como outras administracións que teñan que sumarse ás mesmas.
O impato económico da pandemia da COVID-19 está a ser demoledor para o sector d@s creador@s visuais: artistas plástic@s, fotógraf@s, ilustrador@s, diseñador@s gráfic@s, videoartistas.
VEGAP, dentro das accións que leva a cabo no marco da campaña "S.O.S ARTE/CULTURA", elaborou un manifesto dirixido ás Administracións públicas que sintetiza 10 medidas ecónomicas que se deberían levar a cabo para paliar a situación de precariedade que a pandemia está a xerar.
A Unión de Artistas Contemporáneos de España (Unión A.C.), onde A Colectiva está representada, achegou ao Ministro de Cultura y Deportes esta carta aberta no contexto do COVID-19, logo de redactar un informe da situación d@s artistas visuais.
Por favor, somos traballadores culturais, non nos canceles!
Amosamos o noso apoio a traballadores e traballadoras do sector cultural e promovemos nas redes a campaña #nonnoscanceles.
Es artista visual e estás sufrindo económicamente as repercusións do COVID-19? Queres axudar a mellorar a situación d@s artistas en España? Pois responde esta enquisa, é anónima e non son máis de dous minutos.
A UNIÓN AC adírese ao texto en defensa da Educación Artística #EducaciónNoSinArtes
Desde A COLECTIVA, Asociación Profesional de Artistas de Galicia apoiámolo e compartimolo.
O noso asociado Mauro Trastoy recolleu o premio Isaac Díaz Pardo das Artes Plásticas da Deputación da Coruña 2020 pola súa obra titulada “7”.
O muro de xabón, quere abrir unha reflexión sobre a situación actual de Siria a través dun obxecto simbólico como a afamada pastilla de xabón de Alepo, antepasada da de Marsella e considerada o primeiro xabón xamais elaborado, cuxas propiedades sanadoras (limpador da pel, máscara e champú, remedio para fungos e picores) fixérona tan famosa e buscada por todo o mundo.
Melania Freire, asociada de A Colectiva, gañou o premio Mercedes-Benz Fashion Talent 2019.
Unha das gañadoras na última edición da Mostra (A Coruña)
NATURGY, ENERXÍA INTERNACIONAL SEN ARTE
Despois de diversas iniciativas e comunicacións públicas para facer explícita a nosa oposición á deriva que se está a producir no modelo museográfico e de xestión do Museo MARCO de Vigo, dende A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, queremos manifestar:
Onte deixounos nun día triste un artista querido, irrepetível. Formou parte do grupo Atlántica, no rexurdimento da arte galega nos anos 80 e nunca deixou de crear.
A Colectiva, por terceiro ano consecutivo participou en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, coa Mesa Colectiva, nesta edición resaltando e poñendo en valor modelos de xestión favorables no ámbito da arte contemporánea e o audiovisual; e cunha masterclass na AulaColectiva cunha panorámica por pezas videográficas con distintos formatos multimedia. Ademáis disto, inaugurouse o Premio A Colectiva dotado con 500 euros. Unha aposta forte para premiar a creación de arte audiovisual en Galicia.
Segunda parada: San Sadurniño. A exposición de Arte Ambulante, volve ao concello de San Sadurniño, permitíndo achegar ao público as diferentes disciplinas que integran a arte contemporánea na actualidade, establecendo unha relación de empatía con quen mira a través de diversas linguaxes e formas de facer. Pintura, instalación, escultura, o medio audiovisual e a fotografía conforman un conxunto de obras capaces de dialogar entre sí defendendo as súas diferenzas. A iniciativa está promovida pola Asociación de artistas profesionais de Galicia A Colectiva, coa colaboración da Deputación da Coruña.
A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, participará cun Stand e unha Charla Formativa na primeira edición de Audacia, Festival de Artes e Emprendemento que terá lugar os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura.
Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo
O Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa organiza os días 20 e 21 de abril un congreso internacional destinado a reflexionar sobre a estrutura do asociacionismo no mundo artístico en colaboración con A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Baixo o título Estratexia e forma, o encontro dará coñecer os principais modelos asociativos internacionais e presentará aqueles casos de éxito que xeraron oportunidades de interese para o sector.
A Colectiva, asociación profesional de artistas de Galicia, participou por segundo ano consecutivo en INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneocoa ”Mesa Colectiva”, onde se falou de modelos e políticas de apoio á creación da arte audiovisual para contrastar e identificar problemas, e buscar mellores camiños para que a arte audiovisual galega prospere e se consolide e nunha aposta pola formación cunha masterclass na “AulaColectiva”.
Somos unha entidade sen ánimo de lucro, o noso equipo e xunta directiva traballan sen recibir compensación económica algunha. Aínda con iso, manter a nosa actividade ten un custe. Se queres axudar a fortalecer a nosa asociación podes colaborar con nós de moitos xeitos, un deles é facendo un donativo para axudar a sustentar a nosa actividade.
Donar