Novas

O XVI Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación da Coruña é para María Meijide

09 / 10 / 2021

O Premio Jesús Núñez foi a parar a asociada de A Colectiva María Meijide coa súa obra “Drama en el polígono”, quen concorreu con outras 135 procedentes dun total de 23 países.

Na liña de apoio á creación artística, que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, en recoñecemento á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, a Deputación da Coruña convocou o Premio Internacional "Jesús Núñez" de Arte Gráfica que este ano recalou na nosa asociada María Meijide.

O xurado, composto por Miriam Pérez Fernández, Marta María Fermín Rodríguez, Isabel García Elorrieta, Manuel Ignacio Martínez Antelo e Jesús Mateos Brea, e presidido pola responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño, coa xefa de Servizo de Acción Cultural, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz como secretaria. Na xuntanza, celebrada na Fundación CIEC de Betanzos, tamén estiveron presentes o comisario do premio, Pedro Galilea, e o presidente da Fundación CIEC, Jesús Núñez.

"Drama en el polígono" foi escollida como gañadora entre as 135 obras presentadas que procedían de 23 países distintos e o xurado salientou no seu ditame "o tratamento do debuxo, a textura da imaxe e a utilización de técnicas tradicionais como a litografía para facer un debuxo lúdico e menos clásico".
"Utiliza a estética do cómic actualizada, á que achega elementos propios da litografía", argumenta o xurado na relación de méritos para a concesión do premio polo que a artista gañadora recibirá un total de 6.500 euros .

Por outra banda, foi agasallada cunha Mención de Honra no XII Premio Internacional de Gravado Atlante, certame impulsado pola Fundación Museo de Artes, entre un total de 215 traballos asinados por 180 artistas de todo o mundo. Nesta ocación, o xurado estivo formado por Juan Monterroso, Carmen Hermo, Manuel Ayaso, Alfonso Costa, José Daniel Buján, José Manuel López e Isabel Pintado.

No caso dos premios Atlante, premiouse a corrección e calidade técnica, a delicadeza da iluminación que se converte en protagonista e creadora do espacio da escena. Asimesmo, as mencións de honra concedéronse atendendo ás mesmas valoracións.

A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes ata os nosos días.

Fontes: Deputación da Coruña. A Voz de Galicia. El Correo Gallego.

Parabéns María!!!
Coñece máis desta artista a través da súa web e redes:


http://www.mariameijide.com/
https://www.womarts.net/artists/maria-meijide/

video CV en https://vimeo.com/37020020
Instagram @lameiji

“Drama en el polígono”, cortesía de ©María Meijide. Técnica mixta (litografía sobre aluminio e chine collé)
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.