Novas

COMUNICADO A COLECTIVA SOBRE O PECHE DO MAC

25 / 10 / 2018

NATURGY, ENERXÍA INTERNACIONAL SEN ARTE

A Fundación Naturgy non só se desfixo do apelido galego da que fora Fundación Gas Natural Fenosa e antes Unión Fenosa, tamén abandona unha longa traxectoria no aopoio á Arte e á Cultura da nosa Comunidade.

Tralo duro golpe que supón a nova do inminente peche do MAC, do museo de Arte Contemporánea que a Fundación Naturgy posúe na Coruña, só podemos confirmar que, definitivamente, a Arte e a Cultura non interesan ás grandes corporacións, por non ter rendibilidade económica a curto prazo. Non lles interesa tampouco o futuro do seu persoal, nin o tecido social, só os beneficios.

Manifestamos o noso total desacordo coa decisión tomada polos responsables de Naturgy de clausurar a actividade do MAC e consideramos inaceptable a forma na que foi comunicada.

Manifestamos tamén o noso total apoio a todas as persoas afectadas, en especial ao equipo humano do MAC, que desde os inicios da traxectoria desta institución en 1995 como Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF) contribuiu a facer da mesma un dos piares fundamentais do tecido cultural contemporáneo galego. Grazas a isto, colexios, asociacións, artistas e unha cantidade inxente de público, puidemos atoparnos nun lugar común para descubrir, aprender e gozar, non só das manifestacións propias da Arte contemporánea de varias xeracións de autor@s galeg@s, senón tamén de grandes figuras internacionais ás que non teriamos acceso sen o labor desta institución e do seu equipo. O noso apoio, respecto e solidariedade a todas e todos os traballadores das diferentes áreas do museo, artistas e persoal de exposicións, seguridade e demáis asociacións e sectores afectados. 

Como Asociación que tamén forma parte da historia do MAC, onde fixou a súa primeira sede, A Colectiva quere agradecer especialmente a Carmen F. Rivera a súa labor en favor d@s artistas, e da creación de comunidade arredor da arte contemporánea galega durante tantos anos.

Sexa cal sexa o futuro, hoxe temos tod@s unha cita no MAC ás 20h, na inauguración da derradeira Mostra de Arte.

Crédito foto: Ricardo GNF & Pixabay https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.