Novas

O premiado verán de David Catá

05 / 08 / 2019

Dous Primeiros Premios nun mes para o noso asociado David Catá que leva o primeiro da Deputación de Ourense e o primeiro de Pintura mural AMARTE en Burela.

É un verán de éxito para o noso asociado David Catá que repite este agosto acadando por terceiro ano un dos Primeiros Premios do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense. A súa obra “Piano” foi a galardonada coa desexada dotación da entidade entre setenta traballos presentados de tódalas provincias galegas e de diferentes puntos da xeografía española nesta XV edición. Forma parte do proxecto Horizontes e podes ver o vídeo neste enlace:
Sete pétalos de rosa - David Catá

“Horizontes es un proyecto compuesto por 7 fotografías, una pieza de video arte y una composición musical que tratan sobre los cambios, la confrontación con el pasado y la incertidumbre del futuro. Un diario todavía sin escribir que busca inspiración en el amor con la ilusión que conlleva una nueva relación, en un paisaje verde que da la espalda al pasado, en una montaña nevada que limita mi ciudad de origen con el “exterior” o en esa muralla que hay que saltar para llegar a ese faro que ilumina un nuevo camino por descubrir con banda sonora propia. Paisajes que forman parte de mí y que se convierten en las primeras páginas de muchas que quedarán impresas en mi piel.”

Ademais, David foi premiado tamén co Primeiro Premio do III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte coa obra “Vilanos”, un novo mural que se une aos murais de Burela. Cunha obra espectacular, moi realista, co porto e zonas como Pasadas das Cabras, namorou ao xurado.

David Catá, non é a primeira vez que acada premios da Deputación de Ourense, pois xa en 2017 fíxose tamén co Segundo Premio con “Sonidos ahogados” e en 2010 co Primeiro coa obra “Recuerdos”.

A obra de David, non deixa impertérritas ás persoas que a ven, xa que traballa cos sentimentos e a dor, que deixan pegada nel coa perdida dos seus familiares ou mesmo, a observación da delicadeza natural. Do mesmo xeito, unha mistura de disciplinas conforman a súa técnica, desde a composición musical ao piano, pasando pola fotografía, escultura e a pintura hiper realista fan que o espectador o espectadora descubra os detalles dun xeito magnificado, deixando unha impronta difícil de esquecer.

Parabéns David!!!

Coñece máis deste artista a través da súa web e redes:
http://davidcata.com
Instagram @davidcatart https://www.instagram.com/davidcatart
https://www.facebook.com/david.cata.10

"Horizonte. Piano", fotografía @David Catá
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.