Novas

A laureada pintora María Meijide

01 / 11 / 2017

A nosa asociada María Meijide reincidiu con éxito acadando por terceiro ano un dos Premios de Adquisición de Obra no Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña.

Sí, escoitaches ben! A nosa asociada María Meijide reincidiu con éxito acadando por terceiro ano un dos Premios de Adquisición de Obra no Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña.
Volveu acontecer no 2015. A obra titulada “A estantería” narra de xeito figurativo o pesar da cultura na súa literaridade, onde a artista amosa unha parte do seu universo máis inmediato: o estudo da pintora en Lisboa (Portugal). Con este cadro, a Deputación da Coruña nútrese da súa obra que xa conta na súa colección con outras como “A Contrarreló” (2009) ou “África para Samba” (2007), dotadas ámbalas dúas obras cos seus respectivos premios.

Ademais destes premios, María Meijide ten ás súas costas outros tantos como o 1º Premio de Pintura do Colexio Oficial de Médicos Pontevedra no 2009… e tamén no 2014!; ou o 1º Premio e 2º da Operación Frechazo en Roteiro de Creación Contemporánea en Santiago de Compostela en 2009 e 2008 respectivamente… Entre outros.
Toda unha carreira como pintora figurativa que comeza a salientar con premios de pintura ao aire libre e pintura rápida a principios deste século, onde se desenvolve con soltura maxistral.

Pintora MEIJI

La pintora está dotada con un don hereditario; encontrar solución a todo tipo de problemas de arte: bodegón, paisaje, arte abstracto, paisaje interior, retrato con amor, regalo para recuperar pareja, para boda; separación, ligadura, impotencia sexual, amuleto para la suerte, rituales, elimina brujería y mal de ojo, el arte de la pintora Meiji ayuda a superar inseguridad, miedo; ansiedad y mal de ojo, protección familiares, trabajo, salud, justicia…
La pintora arregla casos muy desesperados, mediocridad, falta de color, mal gusto. Rapidez y garantía al 100%. Arte completo y claro.”

Para mergullarse na súa obra, mercarla ou contratala, podes atopar máis información en:

http://www.mariameijide.com/
https://womarts.net/artists/maria-meijide/

video CV en https://vimeo.com/37020020

Instagram @lameiji
https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/

Quen proba, repite. Parabéns María!!

"A estantería", 100x100 cm. Mixta sobre tea. Lisboa, 2012. ©cortesía de María Meijide
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.