Novas

Lúa Gándara gaña o IX Concurso de Intervencións Artísticas da Cidade da Cultura

25 / 10 / 2021

A proposta gañadora do IX Concurso de Intervencións Artísticas da Cidade da Cultura, dirixido aos e ás participantes do XI Encontro de Artistas Novos #EAN11 é un proxecto vivencial para “habitar” as #TorresHejduk e convertelas temporalmente nun estudio artístico aberto ao público e ao diálogo.

Neste proxecto performático, titulado #Aportaaberta, a artista galega Lúa Gándara habitará durante un mes o interior das torres, amosando o seu proceso de creación e ofrecendo a oportunidade de conversar sobre arte e pintura abstracta nun lugar aberto á participación e ao diálogo.
Nun analoxía do xeito en que o Xacobeo e Galicia reciben ás persoas camiñantes, a artista acollerá ás persoas visitantes no seu lugar de traballo, agasallándoas ademais cun debuxo orixinal, que poderán levar a modo de lembranza desta experiencia.
Iniciativa da Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e enmarcada no #Xacobeo | Cultura de Galicia Camino Xacobeo | Enmarcado no #EAN11, coa colaboración da #FundaciónBancoSabadell

O proxecto inaugurarase canda a vindeira edición do Encontro de Artistas Novos, o 1 de setembro de 2022.

Lúa Gándara é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola universidade de Vigo, posgrado de Creación Sonora pola Universidad de Barcelona (UB) e cun máster de profesorado pola Universidade de Vigo na especialidade de Artes e Debuxo.
É unha artista de acción. Pinta moito e tamén fai performance, canta. Fai todo lo que sexa necesario.

"Mis cuadros bailan. Entre el título tan concreto y las manchas hay cosas escondidas, porque lo que no está también es importante. Trabajo para que el que mira piense con el espacio y las posibilidades, para que los colores le hagan cosas. Se puede comer con las manos.
Cuando quiero decir algo, hablo. Cuando pinto, juego muy en serio. Es una cuestión de equilibrios y un ir aprendiendo (un poco) a estar callada. Además, es techno."

Fontes: Cidade da Cultura e luagandara.com

Parabéns Lúa!!!

Coñece máis desta artista a través da súa web e redes:
http://luagandara.com
Instagram @luagandara
https://www.instagram.com/luagandara
https://www.facebook.com/lua.gandara

Lúa Gándara (foto © Lúa Gándara)
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.