A Colectiva recibe unha axuda da Xunta de Galicia para a realización de actividades culturais
10 / 12 / 2024
A cuantía total, de 5000€, permitirá continuar e amplificar o labor asociativo de A Colectiva durante o próximo 2025.
Despois da última xuntanza coa Dirección Xeral de Cultura, acordouse que a Asociación recibirá unha axuda por valor de 5000€ para a realización de actividades culturais durante o ano 2025. A concesión deste apoio económico ofrece a posibilidade non só de manter, senón tamén ampliar a cantidade e a calidade das actividades artísticas, culturais e asociativas de A Colectiva.
