I Xornadas de Profesionalización Artística
01 / 12 / 2025
12, 13, 14 de Decembro | CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
Temos unha moi boa nova: as I Xornadas de Profesionalización para Artistas xa son unha realidade!
Os días 12, 13 e 14 de decembro, no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela, celebraremos esta actividade que leva tempo agardando a súa oportunidade. Unha fin de semana moi intensa con mesas redondas, masterclass e encontros profesionais, pensada para compartir, descubrir e reivindicar a realidade profesional da arte contemporánea. Próximamente compartirémosvos toda a información, gardade as datas!
O broche final a estas Xornadas será a entrega de recoñecementos simbólicos a figuras, entidades e proxectos salientables do tecido artístico galego, con especial fincapé na aplicación das Boas Prácticas Artísticas e o respecto pola profesión, para o cal nos gustaría contar coa colaboración de todas as persoas asociadas para escoller as candidatas. Ademais de celebrar as boas iniciativas existentes, agardamos que sirva para sentar un precedente e que outras propostas culturais, actualmente deficientes, as tomen de inspiración e modelo para solventar as súas problemáticas.
A participación nestas Xornadas está aberta a toda persoa interesada e é totalmente gratuíta. O formulario de inscrición cumple unha función puramente organizativa e de aforo.
Se creas, produces, distribúes, xestionas, compartes... arte e cultura, estas Xornadas son para ti!!
Inscríbete a través deste formulario.
Descarga aquí os horarios das I Xornadas de Profesionalización para Artistas
Agardámoste!