Miguel marin%cc%83o

Miguel Mariño

Miguel Mariño Lamas, A Coruña

Instalación Vídeo Performance

Miguel Mariño é o cineasta das tres “X”: explorador, experimental e expandido. Mariño transita os vieiros da imaxe proxectada na procura de novos lugares, guiado únicamente por unha sorte de tratado de alquimia audiovisual que lle permite manipular os compoñentes propios do cinema e transmutalos en materia prima sensorial.

(español)
Miguel Mariño es el Cineasta de las tres “X”: explorador, experimental y expandido. Mariño transita los senderos de la imagen proyectada en busca de nuevos lugares, guiado únicamente por una suerte de tratado de alquimia audiovisual que le permite manipular los componentes propios del cine y transmutarlos en materia prima sensorial.

En 2009 comezo a traballar en propostas de Cinema experimental e Film performances dentro de diferentes colectivos audiovisuais. Grazas ao apoio do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa de A Coruña (MAC) en 2013 introduzo a disciplina da instalación na miña linguaxe e en 2014 desenvolvo un proxecto de obra plástica no laboratorio de cinema independente alemán LaborBerlin que culmina na inauguración no 2015 da miña primera exposición individual. Un dos máis recentes proxectos, centrado nos procesos analóxicos da imaxe cinematográfica, levoume a traballar ata principios do 2016 no Laboratorio Experimental de Cine (LEC) de México D.F.

Teño participado en exposicións colectivas en UQ Art Museum Brisbane (Australia); The Bronx Museum of the Arts, New York (EEUU); Palacio Albrizzi de Venecia (Italia) e Galeria Kunstraum t27 de Berlín (Alemaña).

A miña obra cinematográfica foi seleccionada e exhibida en diferentes Festivais internacionais e centros de arte contemporánea, sendo os máis destacados: Experiments in cinema de Albuquerque e Atlanta Philosophy Film Festival (EEUU); Analogica Film Festival (Italia); Jakarta Experimental Film Festival (Indonesia); Analogmania (Rumanía), Museo Arte Contemporáneo MACO de Oaxaca e CCD México DF (México) e Filmadrid, Fundación Bilbao Arte, CICC Tabakalera Donostia, S8 Mostra de cinema periférico, Curtocircuito, PlayDoc e Alcances (España).

(español)
En 2009 comienzo a trabajar en propuestas de Cine experimental y Film performances dentro de diferentes colectivos audiovisuales. Gracias al apoyo del Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa de A Coruña (MAC) en 2013 introduzco la disciplina de la instalación en mi lenguaje y en 2014 desarrollo un proyecto de obra plástica en el laboratorio de cine independente alemán LaborBerlin que culmina en la inauguración en 2015 de mi primera exposición individual. Uno de los más recientes proyectos, centrado en los procesos analógicos de la imagen cinematográfica, me ha llevado a trabajar hasta principios de 2016 en el Laboratorio Experimental de Cine (LEC) de México D.F.

He participado en exposiciones colectivas en UQ Art Museum Brisbane (Australia); The Bronx Museum of the Arts, New York (EEUU); Palacio Albrizzi de Venecia (Italia) y Galeria Kunstraum t27 de Berlín (Alemania).

Mi obra cinematográfica ha sido seleccionada y exhibida en diferentes Festivales internacionales y centros de arte contemporáneo, siendo los más destacados: Experiments in cinema de Albuquerque y Atlanta Philosophy Film Festival (EEUU); Analogica Film Festival (Italia); Jakarta Experimental Film Festival (Indonesia); Analogmania (Rumanía), Museo Arte Contemporáneo MACO de Oaxaca y CCD México DF (México) y Filmadrid, Fundación Bilbao Arte, CICC Tabakalera Donostia, S8 Mostra de cinema periférico, Curtocircuito, PlayDoc y Alcances (España).

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.