mg 2732 copiadfdfdf

Natasha Lelenco

Natasha Lelenco Lelenco, Fisterra

Pintura Vídeo Fotografía Instalación Deseño Ilustración Otro

Son artista visual orixinaria de Chișinău, Moldavia. Formeime en Artes Visuais na Universidade de Cluj Napoca, en Romanía. Desde que me establecín en Galicia en 2009, dediqueime ao traballo creativo en diferentes disciplinas: escenografía, fotografía, vídeo e ilustración para compañías de teatro, festivais, institucións e proxectos particulares.
A miña práctica artística está profundamente influenciada polas conexións entre o humano e o social, polo concepto de serialidade e pola idea de que todos estamos conectados nunha rede rizomática. No meu traballo, trato temas que van dende a identidade e a inmigración ata o loito e o valor. Son cuestións que vivo e interpreto dende a miña perspectiva e biografía persoal, sempre cun enfoque visual e cun toque tráxico-cómico.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.