Taro
Taro ㅤ, Tui
Fotografía PerformanceTaro (Tui, 2002) é unhe artista e investigadore, graduade en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2024 e no Máster en Investigación en Arte e Creación pola UCM en 2025. A súa prática situase no cruce de autorretrato, imaxe, corpo e materialidade expandida, abordando o contrarevelado e desenmarcado da imaxe coma xesto político. As súas pezas critican a normatividade visual propondo alternativas matéricas, afectivas e encarnadas para pensar a imaxe dende o corpo e o corpo coma tecnoloxía mutante atravesada por discursos de xénero, desexo e poder.
Foi recibidore do Premio IMAGA Talento UCM (2025), que lle permitiu expoñer o seu proxecto Constante transformación na Sala c arte (Museo del Traje, Madrid) dentro da selección oficial do Festival PHotoEspaña, na exposición Desplazamientos: Fotografía e identidad.
Expuxo na Galería Espacio Mínimo de Madrid na exposición NOVUS, o que lle permitiu pasar a formar parte da Colección Studiolo e ser exposto no Centro de Arte de Alcobendas con Sin la amenaza del tiempo: Una cara de la Colección Studiolo (2026). Entre as súas exposicións colectivas destacan Habitar el yo (Dispara Cultura, A Estrada, 2023), Do final e do comezo (Pazo da Cultura, Pontevedra 2024) Procesos (Galería Sarao, Ferrol, 2025), A que me refiro cando falo de corpo (Galería Sarao, Ferrol, 2025) o XIV Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis (2025), XII Premio de Fotografía Ciudad de Badajoz (2025), Voilà la Femme XXXIII (Ateneo Santa Cecilia, Marín, 2026) Cando falo de corpo (Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, 2026) e JARANA, Jornadas de Arte Actual Nacional (Jaén, 2026).
Estivo presente no IX Congreso Internacional de Arte de Acción Spring(T) (Madrid, 2026), no V Congreso Internacional de Investigación en Arte Sostible (Madrid, 2025), no #14 Encontro de Novos Artistas (Cidade da Cultura, 2024) e no VIII Fugas e Interferencias, International Performance Art Conference (Pontevedra, 2023).
Foi galardonade o Primeiro Premio dos VII Premios Provinciais da Xuventude da Deputación de Pontevedra na modalidade de Serie Fotográfica e o Segundo Premio do XIX Certame de Fotografía da Universidade de Vigo na modalidade de Fotografía Única, así como tamén o Segundo Premio dos IX Premios Provinciais da Xuventude da Deputación de Pontevedra por Fotografía Orixinal.