Eanton picture

Kike Antón

Enrique Antón Dobarro, Amares

Arte conceptual Fotografía Pintura Deseño Ilustración Escultura Activismo artístico Instalación Vídeo

Kike (Ferrol, 1972). Despois de vivir entre Galicia, Inglaterra e Italia, estableceu a súa residencia no norte de Portugal (Amares, Braga) en 2018. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos en cerámica, escultura, pintura e deseño gráfico, aborda diferentes disciplinas e técnicas no seu traballo, onde temas como a sostenibilidade, o consumo masivo, as migracións forzadas, a comunidade LGBTQ+, as paixóns humanas, o concepto de beleza e a morte están presentes.

Dende o ano 2012, é consultor creativo e deseñador gráfico para a Organización da Agricultura das Nacións Unidas (FAO), e no ano 2022 colaborou de xeito voluntario e puntual co Fondo ONU para o Sostemento da Paz en Colombia.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.