actividades
21 de abril: Encontro online de persoas asociadas
Luns 21 de Abril de 2025 ás 20:00 Luns 21 de Abril de 2025 ás 21:00
Queremos convocarvos o próximo luns 21 de abril, ás 20:00, a un Encontro online de A Colectiva. A idea deste encontro é, por unha banda, activar os encontros presenciais (puntos de encontro por zonas para coñecernos e poñernos en contacto) e por outra, facer de preparación para a próxima Asemblea Xeral, que será o sábado 24 de maio, na que toca renovar os cargos da Xunta Directiva. Será unha reunión para comezar a organizarnos, compartir info, dárlle a benvida ás novas persoas asociadas, resolver dúbidas...
Se non recibístedes a ligazón á reunión que enviamos a través da Lista de Correo, por favor poñédevos en contacto con secretaria@acolectiva.gal.
Agardámosvos!