Alejandra pardo foto 20 5x20 5

Alejandra Pardo

Alejandra Pardo Martínez, Teo

Pintura

Alejandra Pardo Martínez (Santiago de Compostela, 1997) é artista plástica, graduada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2019, e durante os seus estudos realizou unha estancia na Kingston School of Art (Londres, Reino Unido). Participou en diversas mostras colectivas e en residencias artísticas coma o Curso de Pintores Pensionados del Palacio de Quintanar.
Ademais do seu traballo como artista, é docente e xestora cultural en Pareidolia Espazo de Arte, un espazo cultural autoxestionado en Teo (A Coruña) onde teñen lugar exposicións e outras actividades artísticas así como clases de arte e desenvolvemento da creatividade dirixidas a alumnado de todas as idades.

A súa obra está centrada na pintura e o debuxo. O tema principal das súas obras é a paisaxe, urbana ou natural, cargada de distintas connotacións: de xénero, como protesta sobre o control a través do deseño do espazo, de preservación da natureza, autobiográficas ou simplemente estéticas.
No seu proxecto principal, “Avísame cando chegues a casa”, reflexiona sobre como o espazo urbano pode ser unha extensión da desigualdade entre xéneros que existe noutros ámbitos da vida, entre outros motivos, pola inseguridade que crea nas mulleres o feito de atoparse soas de noite fóra da casa, expoñéndose a ser obxecto de violencia, limitando así a súa mobilidade, liberdade e calidade de vida.

Formación académica

Set. 2015 – Xul. 2019
UNIVERSIDADE DE VIGO
Grao en Belas Artes

Set. 2017 – Xun. 2018
KINGSTON SCHOOL OF ART
Programa Erasmus+
Traxectoria artística:

2022
Exposición individual “Avísame cando chegues a casa” no Espazo de Arte A Veiga. Teo (A Coruña)

2021
Seleccionada para o 12º Premio Auditorio de Galicia Para Novos Artistas. Exposición colectiva dos artistas seleccionados no Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
Exposición colectiva de Nadal. Galería Os Catro Gatos. Santiago de Compostela
Feira virtual de artes “TrueqART”. Online.
Mostra especial de socixs de A Colectiva - Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Culturgal - Feira de industrias culturais. Pontevedra.
Colaboración coa xoiaría Tous. Personalización de caixas con ilustracións durante dous dias na súa tenda de Santiago de Compostela.
Exposición colectiva e benéfica “Unha viaxe solidaria e creativa cara á vida” en colaboración coa ONG Tierra de Hombres. Centro ABANCA Obra Social. Santiago de Compostela.
Participación en Land Art Seira 2021. Rois (A Coruña)
Escola de paisaxe “José Carralero” e participación na exposición final no Mosteiro de Santa María de Carracedo. Carracedelo (León)

2020
X Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”. Santiago de Compostela
Exposición colectiva “Cuando el paisaje duele”. Salón Barroco del Ayuntamiento del Real Sitio de San Ildefonso (Segovia)

2019
Seleccionada para o III Concurso de Arte Plastika 19. Exposición colectiva de obras seleccionadas no Museo do Mar de Galicia, Vigo.
Exposición colectiva “Do final e do comezo”. Pazo da Cultura. Pontevedra.
Curso de Pintores Pensionados del Palacio de Quintanar. Segovia e Rascafría (Madrid).
Exposición de pensionados en Segovia. Casa de la Alhóndiga. Segovia.
Exposición colectiva “Manifiesto artístico por la preservación del paisaje”. Real Monasterio de Santa María de El Paular. Rascafría (Madrid).
Premio “CreArte na Universidade” outorgado pela Faculdade de Ciências Económicas y Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

2018
Participación no festival de arte urbano “Meninas de Canido”
Finalista no Concurso de Pintura “Manuel Rebón”, organizado polo Concello de Ares (A Coruña).
Exposición colectiva “Transparencias”. Sala +35 Edición Limitada. Teo (A Coruña)

Pareidolia espazo de arte

Espazo de arte situado na Travesía de Cacheiras, nº 35, Teo (A Coruña) dedicado á divulgación das artes plásticas mediante clases a alumnado a todas as idades e programación cultural.

Programación cultural:

2022
El ojo responsable. Exposición individual do artista Arturo Carrión.
Antitotem. Exposición individual da artista Marita Carmona.
Xardín de choiva. Exposición individual da artista Reme Remedios.

2021
Moods. Exposición individual do artista Delio Sánchez.
Conferencia “Caravaggio: el genio violento” a cargo de José Luis Iglesias Diz.
Portas e fiestras. Exposición individual do artista I. Diz.

2020
Creadores en conversa. Conversa/coloquio entre a artista plástica Alexandra R.Rey e o poeta Ismael Ramos.
“12-25/71-84”. Exposición individual da artista Alexandra R.Rey.
Alén dos lumes. Exposición individual da artista Rebeca Lar.

2019

Evas, Virxes, Mais Eu. Exposición indivudal da artista dTorea.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.